Titorial básico

O uso destas ferramentas e consulta da información está detallado de forma sinxela ao largo deste titorial.

  1. O primeiro paso é a abir o mapa que máis che guste. Ofrécense 3 posiblidades: un mapa satélite que permite apreciar ben os terreos, fincas e casas e dous mapas de estradas que poden axudar á orientación, un dos cales inclúe nomes (que poden estar mal colocados), mentres que o outro non.
  2. Unha vez aberto o mapa mostraráseche unha vista similar a esta: Vista xeral do mapa


  3. Orixinalmente, a Xunta clasificou os lugares en diferentes tipos: Accidentes costeiros, Accidentes terrestres, Augas, Entidades humanas, Terras e Vías. Todos eles, excepto accidentes costeiros, pódense atopar en Alfoz. Para poder diferenciar os tipos facilmente, as chinchetas que indican os lugares presentan distintas cores e inclúen iconas simples.
  4. Accidentes terrestres: Verde
  5. Augas: Azul
  6. Entidades humanas: Laranxa
  7. Terras: Vermello
  8. Vías: Morado


  9. Podes facer zoom no mapa nos botóns situados na esquina superior dereita, ca roda do rato, ou ben se traballas nun dispostivo táctil da forma habitual, pelizcando. Unha vez situado na zona de Alfoz que máis coñezas podes revisar todas as "chichetas" simplemente pulsando en cada unha. Ao presionar un desplegable coma o seguinte aparecerá: Vista do desplegable ao pulsar
    Nesta vista pódese ver o nome, o tipo asignado e unha breve descripción.

  10. Se crees que algún lugar está mal colocado ou nomeado podes incluir a túa opinion na seguinte lista. Se o lugar está mal colocado, simplemente tes que anotar as novas coordenadas no lugar correcto. Para localizar as coordenadas, simplemente tes que picar no mapa onde creas que debería estar situado e, daquela, unha ventaniña coas coordenadas cartesianas aparecerá, tal e como se ve na seguinte imaxe: Vista de latitude e lonxitude
    Pola contra, se o lugar está mal nomeado pero ben colocado, simplemente apunta o novo nome na casiña así designada. O mesmo procedemento pode aplicarse a calquera outro cambio nos datos proporcionados.


Exemplo

O primeiro paso por suposto é inspeccionar o mapa en si para ver cales dos lugares da contorna de cada un están e cales faltan. Para este titorial vamos empregar un monte coñecido como Godín na parroquia de Mor que non aparecia no mapa. Unha vez identificado que este falta do mapa deberemos localizar onde debería atoparse.Isto pódese facer a través do Mapa por satélite que permite ver os terreos ou a través dos Mapas de estradas que mostran estas como referencias. Exemplo dos enlaces
Unha vez localizado, facendo click no mapa aparecen as coordenadas do sitio onde se pinche, anotaremos estas para engadilas despois. Exemplo do enlace á lista
Xa cos datos á man dirixiremonos á lista de topónimos. Exemplo do enlace á lista
Nesta é importante localizar a lista da parroquia adecuada para facilitar o traballo. Folla de topónimos
Unha vez seleccionada a folla de Mor engadimos unha nova entrada ao final da lista. Nesta deberemos especificar o nome do lugar, neste caso sería Godín. Un tipo que neste caso corresponde a Accidentes terrestres xa que se trata dun monte. A continuación deberemos engadir unha breve descripción, neste caso Monte / Outeiro. Finalmente debemos colocar as coordenadas previamente obtidas do mapa nas casiñas correctas.
Casiñas cubertas
Unha vez feito esto o proceso está acabado e poderiamos pasar ao seguinte. Estes datos serán engadidos ao mapa ca maior rapidez posible.