Proxecto de recopilación de topónimos

Estes datos obtivéronse dun proxecto que a Xunta levou a cabo durante os anos 2000. Por desgraza, o mesmo foi deixado de lado e a web leva abandonada a redor de 10 anos. É por isto polo que os datos recompilados están incompletos, mal colocados ou mal nomeados. Esta nova iniciativa trata de subsanar os erros e engadir os nomes ausentes co obxectivo de preservar a riqueza do val.

Cabe destacar que a velocidade de carga dos mapas pode ser lenta, especialmente en conexions de baixa velocidade ou dispositivos antigos. É aconsellable esperar uns segundos antes de usar o mapa para que este se cargue completamente e funcione suavemente. A primeira vez que se abre sempre tarda máis pero co uso o rendemento mellora.
Titorial básico
Datos editables dos lugares
Mapa Satélite
Mapa de estradas con nomes Algúns dos nomes propios do mapa, é dicir, aqueles non colocados en "chinchetas" poden estar mal situados.
Mapa de estradas sen nomes